sábado, 28 de noviembre de 2020

Habilidades e competencias sociais na labor orientadora. Reflexión grupal

 

Ola querid@s lector@s do POLAB20!


Hoxe queremos reflexionar sobre un tema moi interesante que desenvolveu o profesor José María Rolón Varela que versou sobre a importancia de ser conscientes e adquirir habilidades sociais básicas á hora de desenvolver a nosa labor orientadora.

Como profesionais da Orientación Laboral, debemos fortalecer e desenvolver a nosas propias competencias e habilidades sociais. Que aspectos son clave? Nós destacamos....

A asertividade, é dicir, expresar o noso punto de vista respetando ó da outra persoa. Ter a capacidade de expresar verbalmente as nosas opinións ou pensamentos sen agresividade nin pasividade. 

A escoita activa, escoitar dunha forma consciente, captar todas as ideas do mensaxe sen prexuicios e saber interpretar a totalidade do mensaxe distinguindo os aspectos relevantes. Podemos aplicar varias técnicas que melloran a escoita activa: o parafraseo, asentir mentres se está levando a cabo a comunicación, resumo das ideas principais, entre outras.

A nosa labor de mediación é importante, á hora de orientar cara a resolución de conflictos. Podemos empregar técnicas de autocoñecemento, a ferramenta DAFO, entre outras. 

comunicación no verbal, os nosos xestos, a nosa postura, a sonrisa.... Todo isto é moi importante para crear un ambiente relaxado e que a persoa orientadora se sinta cómoda e relaxada. 

As habilidades relacionadas coa intelixencia emocional; coñecer e identificar as emocións para poder facilitar a súa xestión e poder actuar conxuntamente. 


Coñecedes o efecto pigmalion?

                                                                           Autor: Francisco Torreblanca

                  

O efecto pigmalion apunta á influencia que as creencias que unha persoa ten acerca de outra exerce no rendemento desta última. 

Como Orientador@s debemos ter é conta a súas vertentes que poden impactar de xeito positivo ou negativo. 

A vertente positiva acontece cando se prduce un efecto postivo na persona orientada, que xeito que afianza o aspecto sobre o que se produce o efecto, xerando un aumento da súa autoestima ou dun aspecto en concreto. 

Por iso, como orientador@s incentivar a motivación é clave para facilitar o desenvolvemento dunha autoestima saludable e pensamentos positivo de "Sí que podo" "Son capaz". 


Algo que debemos evitar: O efecto halo




Que factores externos poden dificultar a comunicación?

Podemos falar de factores clásicos como poden ser o ruido, as barreiras arquitectónicas, pero algo muy significativo que está a aconcetecer na época COVID-19. Actualmente estamos vendo novas barreiras que dificultan esta comunicación, así como o recoñecemento das emocións mediante as expresións faciais: a máscara é unha nova barreira que inflúe no proceso de comunicación. 

E que hai das novas formas de comunicación? Esta pandemia tamén facilitou o uso de diversas redes virtuais de comunicación; entrevistas vía zoom o skype, formacións online, etc. Que tamén dificulta unha comunicación real e efectiva e que non chega a toda a poboación.


Deixámosvos aquí uns enlaces para saber máis

 

Claves para unha Comunicación Non Verbal Efectiva

Unha guía das habilidades sociais

Manexo de emocións


E por último, o wakelet da sesión realizada pola nosa compañeira Natalia Barro


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Habilidades e competencias sociais na labor orientadora. Reflexión grupal

  Ola querid@s lector@s do POLAB20! Hoxe queremos reflexionar sobre un tema moi interesante que desenvolveu o profesor José María Rolón Vare...