Ola querid@s lector@s!
Imos achegarvos un pequeno resumo dunha sesión do #POLAB20 que nos gustou moito a todo o grupo: Orientación para a igualdade e a inclusión sociolaboral, impartida por Margarita Valcarce, profesora da UDC e que versou sobre a necesidade de crear procesos de orientación a través da perspectiva de xénero.
Comezamos!
Que é a orientación?
A orientación xoga un papel vital na vida das personas; consiste en apoiar e acompañar á persoa na toma de decisións ao longo da súa vida. A orientación, por tanto, forma parte do proceso educativo.
A profesora remarcou a importancia de que as persoas que nos adicamos á orientación necesitamos romper cos estereotipos de xénero ao longo de todo o proceso. Tamén diferenciou a integración e a inclusión; abogando pola inclusión, xa que esta é un Dereito Humano e que defende a singularidade como unha riqueza.
Coñecedes a Teoría Feminista e como se estructuran as relacións de poder?
A través da teoría feminista establécese o xénero como unha categoría para analizar as relaciones de poder desiguais entre homes e mulleres.
Que visibiliza a teoría feminista?
A teoría feminsta visualiza 3 focos principais:
1. O xénero como estructura de poder
2. O papel hexemónico dos homes (sociedade patriarcal)
3. As estructuras e mecanismos ideolóxicos que sustentan a discriminiación e a exclusión
Cales son as diferencias entre sexo e xénero?
O sexo son as características biolóxicas, innatas e o xénero defínese como a construcción social do que é ser home e muller.
A perspectiva de xénero axúdanos a coñecer as construccións culturais e sociais que afectan aos homes e ás mulleres.
Coñeces as diferencias entre machismo e feminismo?
O machismo é a ideoloxía discriminatoria que engloba un conxunto de comportamentos, actitudes e prácticas que promoven a superioridade dos hombres fronte ás mulleres.
O feminismo é una teoría da igualdade, loita pola igualdade de dereitos, liberdades e oportunidades; é unha teoría e práctica política articulada polas mulleres que, tras analizar a realidade na que viven, toman conciencia de que as discriminacións que sufren son pola única razón de ser muleres e deciden organizarse para acabar con elas, para cambiar a sociedade (Nuria Varela, 2008)
Igualdade formal vs Igualdade real
Actualmente, a normativa xurídica impulsa unha igualdade formal pero que moitas veces, non se traduce nunha igualdade real. Polo tanto, como orientadores/as laborais temos que ser conscientes das discriminacións laborais que seguen existindo no día a día.
Que é o teito de cristal? E o chan pegañento?
Estes dous conceptos fan referencia ás barreiras que sufrimos as mulleres no ámbito laboral.
O teito de cristal é aquela forza invisible que impide que as mulleres accedan a cargos directivos coa mesma normalidade que acceden os homes. A dificultade de combatilo é pola súa condición invisible, xa que se basea en construcción sociais moi arraigadas e naturalizadas.
O chan pegañento refírese á precariedade dos traballados xeralmente tomados pola muleres e a dificultade de sair deses lugares. O traballo de cuidados que normalmente recae nas mulleres dificulta o crecemento laboral e a súa realización profesional máis aló do ámbito familiar.
O emprego das mulleres é de peor calidade como consecuencia da herencia do sistema patriarcal e androcéntrico que supón unha diferenciación entre homes e mulleres, e que as mulleres accedan a empregos de menor recoñecemento e con menor participación na toma de decisións.
Cómo realizar a nosa acción orientadora con perspectiva de xénero?
Primeiro debemos.....
- Recoñecer as relacións de poder que se dan entre os xéneros, en xeral, favorable aos homes como grupo social e discriminatorias para as mulleres.
- Comprender que estas relacións de poder desiguais foron constituídas social e históricamente
- Coñecer que as relacións de poder desiguais entre os xéneros atravesan todo o entramado social e articúlanse con outras relacións sociais como a clase social, a etnica, a idade, preferencia sexual ou relixión
- Saber que as mulleres que están en situación de especial vulnerabilidade ou en risco de exclusión poden ser:
- Superviventes de violencia de xénero
- Responsables de núcleos familiares
- Maiores de 45 sen titulación
- Pertencentes a minorías étnicas
- Migrantes
-Con discapacidade
-Reclusas ou exreclusas
-Mulleres xóvenes sen titulación ou baixa cualificacións
-Mulleres xóvenes
Na nosa práctica profesional estas tres accións son clave: observar, escoitar e rexistrar. Ademais, debemos.....
- Impulsar aspectos personais: motivación, autoestima, empoderamento, recoñecemento dos propios intereses, identificación de competencias
- Mellorar a cualificación: Proporcionar información sobre formación, asesoramento, acompañamento, apoio
-Apoiar a recoñecer os dereitos laborais
Margarita Valcarce continuou explicando as fases da orientación, que se estructuran en:
1. Fase de acollida: Primeiro achegamento, é onde realizamos o diagnóstico de empregabilidade. Tamén recoñecemos os factores determinante da situación de vulnerabilidade
2. Fase de preparación: Axustar o itinerario á persoa e ao proceso de inserción. Facilitamos ferramentas, promoción de habilidades, de aptitudes, consellos para entrevistas de traballo, a importancia da formación continua, etc.
3. Fase de inserción: Impulsar a búsqueda activa de emprego, a participación e activación da persona usuaria.
Moi importante durante todo o proceso: acompañamento e seguimento
Así, o Itinerario Personalizado de Inserción vai requerir de:
- Compromiso entre persoa orientadora e persoa orientada.
- Establecemento de prazos de tempo
- Enumerar os recursos dispoñibles e accesibles
- Explicación de dereitos e deberes das persoas participantes
- Establecemento dos límites da intervención
Rematamos co Caso Práctico
Tivemos que realizar unha entrevista de acollida inicial a unha muller que está nunha situación de vulnerabilidade que acude ao noso servizo de orientación.
Para levala a cabo, realizamos preguntas chave para coñecela a ela e ao seu proxecto.
O máis importante na primeira entrevista é establecer procesos de orientación empáticos, de conversa horizontal e impulsar un feedback positivo.
Aquí vos deixamos uns enlaces moi interesantes para saber máis 😉
Lei Orgánica 2/2007 de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes
Instituto da Muller e igualdade de oportunidades. Programas de Inserción Sociolaboral
Fundación Mujeres. Formación
E por último, aquí vos deixamos o wakelet realizado pola nosa compañeira Raquel
"A orientación laboral é un compromiso compartido, crítico, responsable e asumido por ambas partes" (Margarita Valcarce, 2020)