miércoles, 14 de octubre de 2020

Actividade grupal: A orientación para a igualdade e a inclusión sociolaboral


Ola querid@s lector@s!


Imos achegarvos un pequeno resumo dunha sesión do #POLAB20 que nos gustou moito a todo o grupo: Orientación para a igualdade e a inclusión sociolaboral, impartida por  Margarita Valcarce, profesora da UDC e que versou sobre a necesidade de crear procesos de orientación a través da perspectiva de xénero. 

Comezamos!


Que é a  orientación?

A orientación xoga un papel vital na vida das personas; consiste en apoiar e acompañar á persoa na toma de decisións ao longo da súa vida. A orientación, por tanto, forma parte do proceso educativo. 

A profesora remarcou a importancia de que as persoas que nos adicamos á orientación necesitamos romper cos estereotipos de xénero ao longo de todo o proceso. Tamén diferenciou a integración e a inclusión; abogando pola inclusión, xa que esta é un Dereito Humano e que defende a singularidade como unha riqueza. 


Coñecedes a  Teoría Feminista e como se estructuran as relacións de poder?



A través da teoría feminista establécese o xénero como unha categoría para analizar as relaciones de poder desiguais entre homes e mulleres. 

Que visibiliza a teoría feminista?

A teoría feminsta visualiza 3 focos principais: 

1. O xénero como estructura de poder

2. O papel hexemónico dos homes (sociedade patriarcal)

3.  As estructuras e mecanismos ideolóxicos que sustentan a discriminiación e a exclusión

 

Cales son as diferencias entre sexo e xénero?


O sexo son as características biolóxicas, innatas e o xénero defínese como a construcción social do que é ser home e muller. 

A perspectiva de xénero axúdanos a coñecer as construccións culturais e sociais que afectan aos homes e ás mulleres. 


Coñeces as diferencias entre machismo e feminismo?





O machismo é a ideoloxía discriminatoria que engloba  un conxunto de comportamentos, actitudes e prácticas que promoven a superioridade dos hombres fronte ás mulleres. 

O feminismo é una teoría da igualdade, loita pola igualdade de dereitos, liberdades e oportunidades; é unha teoría e práctica política articulada polas mulleres que, tras analizar a realidade na que viven, toman conciencia de que as discriminacións que sufren son pola única razón de ser muleres e deciden organizarse para acabar con elas, para cambiar a sociedade (Nuria Varela, 2008)


Igualdade formal vs Igualdade real

Actualmente, a normativa xurídica impulsa unha igualdade formal pero que moitas veces, non se traduce nunha igualdade real. Polo tanto, como orientadores/as laborais temos que ser conscientes das discriminacións laborais que seguen existindo no día a día. 



Que é o teito de cristal? E o chan pegañento?


Estes dous conceptos fan referencia ás barreiras que sufrimos as mulleres no ámbito laboral.

O teito de cristal é aquela forza invisible que impide que as mulleres accedan a cargos directivos coa mesma normalidade que acceden os homes. A dificultade de combatilo é pola súa condición invisible, xa que se basea en construcción sociais moi arraigadas e naturalizadas. 

O chan pegañento refírese á precariedade dos traballados xeralmente tomados pola muleres e a dificultade de sair deses lugares. O traballo de cuidados que normalmente recae nas mulleres dificulta o crecemento laboral e a súa realización profesional máis aló do ámbito familiar. 

O emprego das mulleres é de peor calidade como consecuencia da herencia do sistema patriarcal e androcéntrico que supón unha diferenciación entre homes e mulleres, e que as mulleres accedan a empregos de menor recoñecemento e con menor participación na toma de decisións.

Cómo realizar a nosa acción orientadora con perspectiva de xénero?


Primeiro debemos.....

  • Recoñecer as relacións de poder que se dan entre os xéneros, en xeral, favorable aos homes como grupo social e discriminatorias para as mulleres.
  • Comprender que estas relacións de poder desiguais foron constituídas social e históricamente 
  • Coñecer que as relacións de poder desiguais entre os xéneros atravesan todo o entramado social e articúlanse con outras relacións sociais como a clase social, a etnica, a idade, preferencia sexual ou relixión
  • Saber que as mulleres que están en situación de especial vulnerabilidade ou en risco de exclusión poden ser: 

- Superviventes de violencia de xénero
- Responsables de núcleos familiares
- Maiores de 45 sen titulación
- Pertencentes a minorías étnicas
-  Migrantes
-Con discapacidade
-Reclusas ou exreclusas
-Mulleres xóvenes sen titulación ou baixa cualificacións
-Mulleres xóvenes



Na nosa práctica profesional estas tres accións son clave:  observarescoitar e rexistrar.  Ademais, debemos.....

- Impulsar aspectos personais: motivación, autoestima, empoderamento, recoñecemento dos propios intereses, identificación de competencias
- Mellorar a cualificación: Proporcionar información sobre formación, asesoramento, acompañamento, apoio
-Apoiar a recoñecer os dereitos laborais


Margarita Valcarce continuou explicando as fases da orientación, que se estructuran en:

1. Fase de acollida:  Primeiro achegamento, é onde realizamos o diagnóstico de empregabilidade. Tamén recoñecemos os factores determinante da situación de vulnerabilidade

2. Fase de preparación:  Axustar o itinerario á persoa e ao proceso de inserción. Facilitamos ferramentas, promoción de habilidades, de aptitudes, consellos para entrevistas de traballo, a importancia da formación continua, etc.

3. Fase de inserción: Impulsar a búsqueda activa de emprego, a participación e activación da persona usuaria.

Moi importante durante todo o proceso: acompañamento e seguimento


Así, o  Itinerario Personalizado de Inserción vai requerir de:

- Compromiso entre persoa orientadora e persoa orientada. 

- Establecemento de prazos de tempo

- Enumerar os recursos dispoñibles e accesibles

- Explicación de dereitos e deberes das persoas participantes 

- Establecemento dos límites da intervención


Rematamos co Caso Práctico




Tivemos que realizar unha entrevista de acollida inicial a unha muller que está nunha situación de vulnerabilidade que acude ao noso servizo de orientación.

Para levala a cabo, realizamos preguntas chave para coñecela a ela e ao seu proxecto. 

O máis importante na primeira entrevista é establecer procesos de orientación empáticos, de conversa horizontal e impulsar un feedback positivo.


Aquí vos deixamos uns enlaces moi interesantes para saber máis 😉

Lei Orgánica 2/2007 de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes

Instituto da Muller e igualdade de oportunidades. Programas de Inserción Sociolaboral

Fundación Mujeres. Formación 


E por último, aquí vos deixamos o wakelet realizado pola nosa compañeira Raquel




"A orientación laboral é un compromiso compartido, crítico, responsable e asumido por ambas partes" (Margarita Valcarce, 2020)







No hay comentarios:

Publicar un comentario

Habilidades e competencias sociais na labor orientadora. Reflexión grupal

  Ola querid@s lector@s do POLAB20! Hoxe queremos reflexionar sobre un tema moi interesante que desenvolveu o profesor José María Rolón Vare...