Ola a tod@s.
Chámome Tania Correa e son Graduada en Relacións Laborais e Recursos Humanos pola USC. Dende o ano 2018 estudo o Grao en Psicoloxía na UNED xa que fai anos descubrín que esa é a miña verdadeira paixón.
A miña historia é coma a de tanta outra xente que está na procura de emprego. Durante a miña vida tiven moitas idas á Oficina de Emprego capeando o temporal coa burocracia infinita de tales entidades, o que me fai empatizar profundamente cos usuari@s do 5º Programa Integrado de Emprego da Fundación Cultural do Concello de A Estrada, no que actualmente desarrollo a miña carreira profesional como orientadora laboral. Este é o motivo polo cal me matriculei no Posgrao de Orientación Laboral no CIXUG, porque considero que a formación é a base para a mellora continua e que aporta cousas importantísimas para este posto de traballo, tales coma compartir cos demáis coñecementos e experiencias.
Considérome unha persoa absolutamente polivalente, pois a miña vida laboral pasou dende o que na miña terra chamamos "a taberna" (na cal traballei infinitas veces e durante anos), a azafata de congresos, Técnico de Prevención, Calidade e MA (Exe Atlántico de Alta Velocidade), Técnico de RRHH, docente de cursos AFD e agora orientadora laboral. Se me preguntades cal destos traballos me gustou máis , direi "depende" pero na "defensa da taberna" teño que matizar, que ser camareira encántame (o que non me gustan son os horarios intempestivos) e que a diferenza entre ser "taberneira" (primeira experiencia profesional con moitas idas e voltas) e "orientadora laboral" (última experiencia profesional) non é tanta coma algúns creen.
Unha das cousas que máis escoito na nosa oficina e que ademáis é unha frase moi galega é que o "importante é participar". O que por primeira vez dixo esa frase igual non sabía que esas eran as palabras dun "sabio", pois isto significa "actuar en algo co mesmo grao de implicación cos demáis". Entón, se me preguntades a que me adiquei todos estos anos foi a "participar", porque se houbo algo que fixen casi á perfección nos traballos que desarrollei ó longo da miña vida foi iso. Con esto quero dicir que "da igual o que sexas, o que queiras ser ou cales son as tuas expectativas actuais ou futuras", pero fagas o que fagas a tua "actitude" é primordial para non pasar desapercibido pola vida.
Despois da miña brevísima presentación👀😂 a continuación móstrovos ó meu avatar con Snoopy (o meu persoaxe de debuxos animados preferido - son unha friki de Snoopy, por iso tiña que acompañarme na imaxe). De feito Snoopy parécese ó meu pequeno can, "Norte", que pesa 90 kg (os dous son barrigóns e con manchas).
![]() |
O meu amigo Snoopy e máis eu ;-) |
En canto ás miñas aficións está o deporte. Encántame facer senderismo pola montaña, o bádminton e a o baloncesto (sempre destaquei neste último deporte, algúns decían cando era xoven que ía para estrela, pero os xenes da altura quedaron nos meus antepasados, o que frustrou a miña carreira nesta área - cousas da vida).
Deixovos un vídeo cunha canción que escoito para estar "on fire".


