Ola a todos e todas!
Contareivos un pouco sobre min: chámome Raquel, son unha moza de 30 anos graduada en Educación Social, profesión que me encanta e que me permite coñecer a mulleres e homes loitadorxs e inspiradorxs cada día. Tiven a sorte de poder traballar como educadora social en diferentes proxectos socioeducativos orientados á prevención da violencia machista e a promoción da equidade de xénero, así como no acompañamento de persoas en risco de exclusión. Actualmente desenvolvo a miña labor profesional nunha ONG especializada en migracións.
Se tivese que resumir as miñas paixóns, diría que son tres principalmente: viaxar, a natureza e as persoas. Estas paixóns guían as accións do meu día a día e me permiten seguir crecendo en inquedanzas. Encántame viaxar, é por iso que o destino levoume a estudar e traballar en varios paises. Amo a natureza, combinada co deporte, sentíndome feliz cada vez que teño a oportunidade de ir facer surf, senderismo, acampar ou calquera outra actividade que me permita sentir a terra e/ou a area baixo os meus pes. E por suposto, encántanme as persoas. Falar con elas e aprender delas - Todos/as temos moito que mostrar!! :-)
Aquí vos deixo unha das cancións que sempre me debuxa un sorriso - espero vos guste.
E para os días nos que non sepamos que ler, unha recomendación: Cometas en el Cielo

No hay comentarios:
Publicar un comentario