Ola a todas e a todos!
Son Sandra e nesta entrada gustariame contarvos un pouquiño de min para que nos vaiamos coñecendo :-)
Esta son eu :-D
O ano 2012 marcou un antes e un despois na miña bagaxe personal e académica. Neste ano tramito un intercambio académico á UNAM. Esta aventura comezou na Cidade de México e continuou en Tijuana, unha cidade fronteiriza con outra realidade moi distinta.
Esta experiencia ampliou a miña percepción sobre as realidades diversas que existen e afianzou, máis aínda, o amor pola miña profesión e a importancia dunha educación emancipadora, feminista, antirracista e na loita pola igualdade de dereitos e oportunidades e pola paz. A través de diferentes proxectos empezei a coñecer a Cultura de Paz e a Educación para a paz e a importancia destas na resolución pacífica de conflictos, o compromiso pola construcción conxunta de realidades pacíficas, etc.
Actualmente traballo como Educadora Social coa comunidade xitana na áreas de formación, orientación laboral e vivenda. Este posgrado é unha boa oportunidade para actualizar coñecementos e contar con máis recursos para poder ofrecer unha boa práctica profesional.
Achégovos unha das miñas cancións favoritas :-)
Para despedirme deixovos tamén o link dun deses libros que unha pode ler e reler unha e outra vez :-)
Apertas :-D
No hay comentarios:
Publicar un comentario