miércoles, 23 de septiembre de 2020

A miña presentación profesional: Juan Ramón Baldó Vázquez

 Bo día a tod@s, son Juan Baldó


Son graduado en Relacións Laborais e Recursos Humanos pola UVigo, dende o ano 2018. 

A miña experiencia laboral no eido da Orientación Laboral foi ese mismo ano, ó ser beneficiario dunha bolsa de emprego da Deputación de Pontevedra. Onde se me destinou ó Concello de Porriño, deserrolando o posto de Orientador Laboral, xestionando a bolsa municipal de empleo, facendo intermediación laboral con diferentes entidades e empresas pertenecentes o texido industrial de Porriño (tarefas que gustaronme moito e que a día de hoxe consideroas que é a miña vocación) e colaborando e aprendendo coas miñas compañeiras que xestionaban o Programa Integrado de Emprego para Mulleres. Estive todo o periodo da bolsa que foi un ano. Un ano moi importante para min, onde descubrin a miña vocación que é traballar con persoas contribuindo o seu desarrollo profesional e persoal. 

Agora sigo traballando como Orientador laboral nunha entidade sen animo de lucro, dende Xuño en Ponferrada. Funme á aventura porque xurdiume a oportunidade de medrar laboralmente nun eido que encantame e non o pensei. Non descarto volver a Galicia nun futuro.

Ó longo da miña experiencia como Orientador Laboral e desenrolando tarefas como:

    - Tutorías individuais de creación do CV, Autocoñecemento, Carta de presentación, Técnicas de BAE

    - Creación de itinerarios individuais para a inserción.

    - Información e apoyo ós usuarios no uso de canles e ferramentas 2.0 para BAE.

    - Impartición de tallares grupais.

    - Participar en programas e accións dirixidas á inserción laboral de diferentes colectivos.

    - Xestionar a bolsa municipal de emprego: Captación e publicación de ofertas, criba curricular, etc

    - Prospección e intermediación laboral.

    - Xestión das redes sociais: Linkedin e Facebook.


Ademais da miña experiencia como Orientador Laboral tamén desarrollei postos no eido dos RRHH como técnico de selección nunha ETT e no eido da Administración Laboral en varias asesorias. Tamén son Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais.



Este son eu avatar (o do medio)


Dentro das miñas principais aficións estan: o deporte, fun xogador de balonmán, viaxar, a natureza, encantame ir de ruta por Galicia, e o relacionado co cine e as series de televisón.

Deixovos un video dunha canción que gústame moito:



Un podcast que escoito cada semana é Coffee Break.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Habilidades e competencias sociais na labor orientadora. Reflexión grupal

  Ola querid@s lector@s do POLAB20! Hoxe queremos reflexionar sobre un tema moi interesante que desenvolveu o profesor José María Rolón Vare...